Neste xogo de rol en solitario interpretarás a unha neofalante enfrontándose a unha entrevista de traballo para unha gran industria galega. A entrevistadora que terá a última palabra sobre a túa contratación non fala "el gallego", senón que fala castrapo. A túa tarefa será agradala sen traizoar moito os teus ideais lingüísticos.
Para xogar só precisarás estas regras, unha baralla española sen oitos nin noves e uns vinte minutos.